Coidámoste

Coidámoste

Compartir

Centro de estética con servizos de coidado corporal, coidado facial, coidado de ollos, manicuras e

05/07/2026

7 anos de Coidámoste 💖
Hai sete anos decidín apostar polo meu maior soño: abrir o meu propio centro de estética. E decidín facelo aquí, en Quiroga, o meu pobo.
Moita xente dicíame que un centro de estética aquí non tería futuro. Pero eu sempre tiven claro que quería apostar pola miña terra e demostrar que os soños tamén poden cumprirse nos pobos pequenos.
Nestes sete anos houbo momentos máis sinxelos e outros moito máis difíciles, pero en todos eles sentinme acompañada. O apoio, o cariño e a confianza que me demostrades cada día déronme forzas para seguir adiante, incluso cando as cousas non eran fáciles.
Como en calquera negocio, tamén cometín erros. E precisamente por iso valoro aínda máis que tantas de vós decidísedes seguir confiando en min e darme sempre unha nova oportunidade para mellorar.
Se hoxe podo seguir abrindo as portas de Coidámoste cada mañá é grazas a vós. Manter un pequeno negocio non é doado, e sen as miñas clientas nada disto sería posible.
Grazas por formar parte destes sete anos, por cada visita, por cada conversa, por cada recomendación e por facer que aquel soño que comezou hai sete anos siga máis vivo ca nunca.
Imos a polo oitavo... e por moitos máis. 😍

28/06/2026

🌈 Que ninguén te faga sentir que tes que esconder quen es.
Hoxe celebramos a liberdade, o amor e o dereito a vivir con orgullo. ❤️

Photos from Coidámoste's post 28/05/2026

✨ Nova incorporación en Coidamoste Estética ✨

A partir do martes 2 incorporarase ao noso equipo María de los Ángeles, manicurista con ampla experiencia no sector 💅🏻

Queremos ensinarvos algúns dos seus traballos, onde destacan os deseños creativos, os detalles coidados e manicuras adaptadas a todos os estilos 💖

Semipermanente, extensión de unllas e nail art cheo de personalidade ✨

📅 Xa podedes reservar a vosa cita
📍 Rúa Camilo José Cela nº14, baixo
📞 982 435 211

Photos from Coidámoste's post 27/05/2026

☀️💅🏻 Ideas de unllas para este verán ✨

Cores vivas, deseños fresquiños, brillo e detalles elegantes… Cal sería o teu estilo ideal? 👀🌸

Déixovos algunhas ideas para inspirarvos na vosa próxima manicura 💖

📅 Lembrade pedir a vosa cita con antelación, xa que a axenda adoita encherse rápido ✨

📍calle camilo jose cela n14 baixo
📞 982 435 211

17/05/2026

📢 Se busca manicurista con experiencia
En Coidamoste Estética buscamos incorporar manicurista para la temporada de verano.
🔹 Periodo de trabajo:
Junio, julio y agosto (en principio)
🔹 Requisitos:
Experiencia realizando:
Semipermanente
Uñas acrílicas, gel o acrygel
Buen manejo de torno y preparación de la uña
Capacidad para realizar diseños
Persona responsable, limpia y con ganas de trabajar
🔹 Se ofrece:
Buen ambiente de trabajo
Jornada a convenir
📍 Quiroga (Lugo)
📞 982435211
Interesadas enviar fotos de trabajos y experiencia por WhatsApp.

17/05/2026

✨ Hoxe celebramos moito máis ca unha lingua: celebramos a nosa historia, a nosa cultura e a nosa identidade 💙
O galego é parte de nós, das nosas raíces, das conversas de sempre e desa maneira tan nosa de expresarnos. Por iso, en Coidamoste Estética escollemos falar galego cada día.
Porque unha lingua non debe perderse nin quedar no esquecemento. Hai que falala, vivila e transmitila, para que siga formando parte das futuras xeracións. 🌿
Feliz Día das Letras Galegas!

08/03/2026

💜 8M · Día Internacional da Muller

Hoxe non é só un día para felicitar.
É un día para lembrar todo o que as mulleres tiveron que loitar para chegar ata aquí.

Anos de esforzo, de valentía e de mulleres que levantaron a voz para que hoxe poidamos ter máis dereitos, máis oportunidades e máis liberdade.

Pero tamén é un día para lembrar que aínda queda camiño por percorrer.
Para seguir avanzando cara a unha igualdade real, con respeto e as mesmas oportunidades para todas.

Photos from Coidámoste's post 29/01/2026

💕 Achégase San Valentín e deixámosche varias ideas de deseños para que elixas o teu favorito.
¡Reserva a túa cita e luce unhas uñas perfectas! 💅❤️

982435211 ☎️ 📲

31/12/2025

Que esta Noitevella estea chea de luz, de brindes compartidos e de bos desexos.
Que o Aninovo veña acompañado de saúde, esperanza e moitas razóns para sorrir.
E, como non, grazas de corazón a todas as clientas e clientes que, un ano máis, confiastes e fixestes posible seguir adiante con ilusión.
✨ Feliz Noitevella e Feliz Aninovo ✨

24/12/2025

✨ Feliz Noiteboa e Bo Nadal 🎅
Que estas datas estean cheas de amor, paz e bos momentos xunto ás persoas que queredes.

¿Quieres que tu empresa sea el Salón De Belleza mas cotizado en Quiroga?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Página web

Dirección


Rúa Camilo José Cela N°1
Quiroga

Horario de Apertura

Lunes 16:00 - 20:00
Martes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 20:00
Sábado 10:00 - 14:00