ACIA Burela
Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos de Burela. Xuntos facemos vila! ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS, COMERCIANTES E AUTÓNOMOS DE BURELA
Somos unha entidade sin ánimo de lucro que impulsa o comercio local, a industria e o emprendemento en Burela.
Ir a Disneyland París, pagar a última cota da hipoteca ou convidar aos amigos a comer... 🏰🍽️✨ Os nosos veciños xa teñen plans para eses 600€!
🚨 ATENCIÓN: A conta atrás para o último sorteo xa empezou! 🚨
O vindeiro 1 de outubro realizarase o ÚLTIMO SORTEO da campaña. Aínda estás a tempo de conseguir ese premio de 600€ para a túa hipoteca ou aluguer!
Só tes que facer as túas compras nos comercios asociados a Acia Burela, cubrir os teus datos nas papeletas azuis e participar antes do 1 de outubro.
¡Moita sorte a todos nesta última oportunidade! 🍀🛒
🫶
18/09/2026
📍 AGARDÁMOSVOS HOXE!
Fronte a Nora Moda / Mercería Paca
⏰ De 17:30 h a 19:30 h
🎟️ Trae os teus tickets de 15 € ou máis do comercio local asociado a ACIA.
🎡 Xira a ruleta de ACIA Burela.
🎁 Leva o teu premio directo para a Volta ao Cole!
Cada ticket ten premio asegurado! Non faltes! 🥳✨
🫶
16/09/2026
ENTREGA DO SEGUNDO PREMIO “PAGAMOS A TÚA HIPOTECA”! 🔑✨
A xerente de ACIA Burela, Raisa Fanego, xunto a parte da directiva, fixemos entrega hoxe do segundo premio da nosa campaña “Este verán, pagamos a túa hipoteca (ou aluguer)”, valorado en 600 € en vales de compra. 🛍️💶
Parabéns ó gañador Jose e a Reme Peluqueros Reme Fernandez Vivero que entregou o premio 🥇
A disfrutalo! 🥳🎉
Moitísimas grazas a todas e todos por apoiar o comercio local e facer as vosas compras en Burela. Podedes seguir participando!! Recordade que queda un último sorteo 🍀🤞
Coidar do noso comercio é coidar do noso pobo! 💙
🫶 Comercio galego
15/09/2026
A nosa ruleta volve a saír á rúa! 🥳💃
Non te perdas esta oportunidade de gañar comprando no comercio local.
📍 Onde? Fronte a Mercería Paca / Nora Moda.
⏱ Cando? Este venres, 18 de setembro, de 17:30h a 19:30h.
⚠️ Lembra traer o teu ticket de compra de 15€ ou máis de calquera establecemento asociado a ACIA Burela para poder participar. 😉 Cada ticket é una oportunidade!
🎁 Que premios podes gañar? Vales de desconto, cadernos, bolígrafos, mochilas, regalos sorpresa... ¡Todas as casillas teñen premio!
Vémonos o venres para pasar unha tarde divertida e chea de sorpresas. 🎉🛍️
🫶 Comercio galego
10/09/2026
🎉 A RULETA DA VOLTA AO COLE SAE Á RÚA! 🎒🎁
Este venres 11 de setembro, a nosa ruleta de premios directos estará agardándote para celebrar o inicio do curso!
⏰ Cando? De 17:30 h a 19:30 h.
📍 Onde? Zona do Campón.
Busca a nosa mesa azul e a ruleta! Mochilas, estoxos, vales de 5€ e 10€, material escolar e moitas sorpresas máis poden ser túas ao instante.
🎟️ Como participar? Só tes que presentar o teu ticket de compra de +15 € de calquera establecemento asociado a ACIA Burela.
Mercar en Burela ten premio! Agardámoste este venres para xogar! 🛍️✨
🫶 Comercio galego
Xa levamos moitas respostas e plans incribles compartidos polos nosos veciños 🏠💭... ¡pero a conta atrás xa comezou!
Este mes de setembro é o ÚLTIMO MES para poder participar. 🚨
Xa entregamos os primeiros premios, pero aínda queda o último sorteo de 600€ para a túa hipoteca ou aluguer. Non deixes pasar a oportunidade: fai as túas compras nos comercios asociados a Acia Burela, cubre os teus boletos e pon a túa sorte a xogar antes de que remate o mes.
¡Aproveita estas últimas semanas, apoia o comercio local e dálle un respiro ao teu peto! 🛒✨
¡Moita sorte a todos! 🍀
🫶
¿Imaxinas un mes de Setembro sen ter que pagar a hipoteca ou o aluguer? 🏠💭
Os nosos veciños téñeno claro: obras na casa, o mantemento do coche ou unha boa cea en Burela. ¡Todo soa moi ben!
¡E ti podes ser o vindeiro gañador! Lembra que este mes de Setembro sorteamos o último premio de 600€ para a túa hipoteca ou aluguer.
Mercando nos comercios asociados a Acia Burela participantes nesta campaña, podes levarte esta axuda tan necesaria. ¡Aproveita as últimas oportunidades, merca local e pon a túa sorte a xogar! 🛒✨
¡Moita sorte a todos! 🍀
🫶
🎉 Xa temos gañador do 2º sorteo da hipoteca! 🏠✨
Voltamos revolver a urna e xa saíu a papeleta premiada cos 600 € deste mes de agosto! 💶👏
Queres saber quen se leva o premio e en que comercio de Burela fixo a súa compra? 🤔
👉 Dálle ao play e descúbreo no vídeo! 🎥👇
Moitas grazas a todos por seguir apostando polo comercio local. Lembrade que a campaña continúa e en setembro celebrarase o último sorteo!
Gardade os vosos tickets e moita sorte! 🛍️
🫶
30/08/2026
🎒✨ A IMAXE É IA… PERO OS PREMIOS SON MOI REAIS! 🎡😜
En setembro chega a Ruleta “Pola Volta ao Cole” de ACIA Burela e xa vos podemos adiantar algo: os premios que aparecen nesta imaxe son unha idea… pero os que ides poder gañar serán de verdade! 😉 2.100€ en premios!!!!
📚 E o mellor? Os agasallos serán adquiridos no comercio local, concretamente nas librarías asociadas a ACIA:
📖 Nobel
📚 Libraría Aris
✏️ Carlin
Porque se hai que preparar a volta ao cole… facémolo comprando en Burela! 💙💚
🛍️ Lembra: realiza unha compra de 15 € ou máis entre o 1 e o 30 de setembro, conserva o teu ticket e… 🎡 prepárate para xogar!
📍 A ruleta sairá ás rúas de Burela unha vez á semana a partir do 7 de setembro.
🎁 Premios directos ata esgotar existencias.
👀 E si… a ruleta da foto é IA.
Pero as mochilas, os estoxos, os lapis, os vales… e as ganas de premiar as vosas compras son 100 % reais. 😍
🍂 E isto só acaba de comezar…
Porque coa chegada do outono toca equiparse para a nova tempada: roupa, calzado, deporte… 👟🧥🎒
👨👩👧👦 Peques e maiores, en ACIA Burela queremos que recibades o outono-inverno como se merece: sempre co mellor do noso comercio local. 💙💚
👀 E atentos ás nosas RRSS, porque seguiremos informando… e moi pronto teremos máis novidades! 🤫✨
🫶 Comercio galego
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Contacto la empresa
Página web
Dirección
Cervo
27880